Mediación 2016/2017
Xa está aberto o prazo de preinscrición para o curso
2016/2017, tanto para o Máster propio en resolución de conflitos: Mediación,
como para os diversos cursos de especialista que se ofertan pola Facultade de
Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o Centro Integral de
Análisis y Resolución de Conflictos da USC (CIARCUS) e o grupo de investigación
iustitiaomnibus.
O Máster, dirixido pola Catedrática de Dereito Procesual da
Universidade de Santiago de Compostela, Raquel Castillejo Manzanares, conta cun
total de 600 horas de formación, que se impartirán dende comezos de novembro
ata finais de xullo na Facultade de Dereito e engloba os seguintes cursos de
posgrao ou de formación continua:
- Especialización en Mediación Familiar e Escolar.
- Especialización en Mediación Empresarial, Laboral e coa
Administración.
- Especialización en Mediación no ámbito Civil, Mercantil e
Bancario.
- Especialización en Mediación Penal e no ámbito veciñal.
Máis información en:
Mediadores Galicia © Marca registrada. Safe Creative Copyright Registry.
All rights reserved
Tfnos 981891660-981891746
Tfnos 656965193-658372018-679957958
Correo electrónico: mediadores.galicia.@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario